Política de privacidade
En cumprimento do disposto no RGPD, informámoslle que os seus datos serán procesados nos nosos ficheiros, co fin de manter e cumprir a relación coa nosa entidade, incluíndo o envío de comunicacións no marco da relación mencionada.
Así mesmo, os seus datos serán transferidos en todos aqueles casos nos que sexa necesario para o desenvolvemento, cumprimento e control da relación coa nosa entidade ou nos casos en que estea autorizado por un regulamento con rango de lei. En cumprimento do RGPD, pode exercer os seus dereitos ARCO ante o Concello de Tomiño, con enderezo na Praza do Seixo, s/n, 36740 - Tomiño, achegando unha fotocopia do seu DNI.
O contido desta comunicación, así como o de toda a documentación anexa, está suxeito ao deber de segredo e vai dirixido só ao seu destinatario. No caso de que vostede non fose o destinatario, pedímoslle que nolo indique e non comunique o seu contido a terceiros, procedendo á súa destrución.
O provedor de servizos da sociedade da información debe ter en conta que, ademais da información proporcionada aos destinatarios do servizo a través da súa "Política de privacidade", debe ter textos legais adicionais relacionados con outras normativas de obrigado cumprimento, tales como, sen carácter limitativo ou excluínte, condicións xerais da contratación, propiedade intelectual e industrial, condicións de uso do sitio web e responsabilidades ao respecto, ou o que a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico pode establecer en calquera outro precepto á marxe do seu artigo 10 ou incluso completar a información que, en relación con ela, fose necesaria.
Avisos legais
O presente Aviso legal regula as condicións xerais de acceso e uso do sitio web accesible na URL https://atenda.gal (en diante, o sitio web), que o Concello de Tomiño pon a disposición dos usuarios de Internet.
A utilización do sitio web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal. En consecuencia, o usuario do sitio web debe ler atentamente este aviso legal en cada unha das ocasións nas que pretenda utilizar o sitio web, xa que o texto podería sufrir modificacións a criterio do titular do sitio web ou por mor dun cambio lexislativo, xurisprudencial ou na práctica empresarial.
1.- TITULARIDADE DO SITIO WEB.
Razón Social da Empresa: Concello de Tomiño
Nome do titular: Sandra González
Enderezo social: Praza do Seixo, s/n
Poboación: Tomiño
Provincia: Pontevedra
C.P.: 36740
Teléfono de contacto: 986623568
Correo electrónico: info@atenda.gal
2.- OBXECTO.
O sitio web facilita aos usuarios do mesmo o acceso a información e servizos prestados polas tendas e comercios asociados a esta plataforma de comercio online (atenda.gal).
3.- ACCESO E UTILIZACIÓN DA WEB.
3.1.- Carácter gratuíto do acceso e utilización da web.
O acceso á web tne carácter gratuíto para os usuarios da mesma.
3.2.- Rexistro de usuarios.
Con carácter xeral o acceso á web ou o inicio de calquera procedemento de compra non esixe o rexistro previo dos usuarios á mesma. Aqueles usuarios que prefiran rexistrarse soamente necesitarán realizar un rexistro único para comprar en todos os comercios que venden os seus produtos en atenda.gal.
4.- CONTIDOS DA WEB.
O idioma empregado polo titular na web será o galego. O Concello de Tomiño non se fai responsable da falta de comprensión ou entendemento do idioma da web por parte do usuario, nin das súas consecuencias.
O Concello de Tomiño poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como eliminar e cambiar estes dentro da web, como a forma en que se accede a eles, sen ningunha xustificación e libremente, non sendo responsable das consecuencias que poidan causar a os usuarios.
Prohíbese o uso dos contidos da web para promover, contratar ou difundir publicidade ou información propia ou de terceiros sen a autorización do Concello de Tomiño, nin para enviar publicidade ou información empregando os servizos ou información que se pon a disposición dos usuarios, independentemente de que o uso sexa gratuíto ou non.
Os enlaces ou hiperenlaces que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta web, serán para a apertura da páxina web completa, non puidendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incurrir en accións desleais ou ilícitas en contra do Concello de Tomiño.
5.- LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE.
Tanto o acceso á web como o uso non consentido que poida efectuarse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realice. O Concello de Tomiño non respostará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse de dito acceso ou uso. O Concello de Tomiño non se fai responsable dos erros de seguridade, que se poidan producir nin dos danos que poidan causarse ao sistema informático do usuario (hardware e software), ou aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia de:
– a presenza dun virus no ordenador do usuario que sexa empregado para a conexión aos servizos e contidos da web.
– un mal funcionamiento do navegador.
– e/ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.
O Concello de Tomiño non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hiperenlaces que se incorporen na web para a apertura doutras. O Concello de Tomiño non garante a utilidade destes enlaces, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o usuario por medio destes enlaces, nin do bo funcionamiento destas webs.
O Concello de Tomiño non será responsable dos virus ou demais programas informáticos que deterioren ou poidan deteriorar os sistemas ou equipos informáticos dos usuarios ao acceder á súa web ou outras webs ás que se accedera mediante enlaces desta web.
6.- EMPREGO DA TECNOLOXÍA “COOKIE”.
A web emprega cookies, pode consultar a nosa Política de Cookies, que respecta en todo momento a confidencialidade e intimidade do usuario.
7.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL.
Son propiedade do Concello de Tomiño, todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da web, así como dos contenidos que alberga. Calquera uso da web ou os seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular. Calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da web, polo que ningún usuario poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito do Concello de Tomiño.
8.- POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS.
O Concello de Tomiño garante a protección e confidencialidade dos datos persoais de calquera tipo que proporcionen as nosas empresas clientes de acordo co disposto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de Diciembre de Protección de Datos de Carácter Personal.
Todos os datos facilitados por nosos clientes ao Concello de tomiño ou ao seu persoal, serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade do Concello de Tomiño, imprescindibles para prestar os servizos solicitados polos usuarios.
Os datos facilitados serán tratados segundo o Regulamento de Medidas de Seguridade (Real Decreto 1720/2007 de 21 de Diciembre), neste sentido o Concello de Tomiño adoptou os niveis de protección que legalmente se exigen, e instalou todas as medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado por terceiros. Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. No caso en que considere oportuno ceder os datos de carácter personal a outras entidades, o usuario será informado dos datos cedidos, da finalidade do ficheiro e do nome e enderezo do cesionario, para que dea o seu consentimiento inequívoco ao respecto.
En cumprimento do establecido na RGPD, o usuario poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Para iso debe de contactar con nós en info@atenda.gal.
9.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN COMPETENTE.
O presente Aviso Legal interpretarase e rexirá de conformidade coa lexislación española. O Concello de Tomiño e os usuarios, con renuncia expresa a calquera outra xurisdicción que puidera corresponderlles, sométense aos xulgados e tribunais do enderezo do usuario para calquera controversia que puidera derivarse do acceso ao uso da web. En caso de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, O Concello de Tomiño e o usuario, sométense, con renuncia expresa a calquera outra xurisdicción, aos xulgados e tribunais do domicilio do Concello de Tomiño.